Vodas e celebracións en pazos e fincas con historia, coa cociña de autor de Fran Vilela.
Eliximos lugares que non se parecen a ningún outro e enchémolos de cociña de autor. Poucos eventos ao ano, coidados de principio a fin polo mesmo chef.

Catro séculos de pedra xunto a un bosque centenario, e un invernadoiro de cristal onde a luz do solpor chega ata as mesas.
Descubrir Sergude
Casa de pedra, xardíns e piscina rodeados de verde. Celebracións íntimas con todo o coidado dunha gran voda.
Descubrir Finca PáramoProduto galego, razas autóctonas e técnica de alta cociña. Sen menús pechados: cada evento deséñase dende cero.















Abrimos nas datas sinaladas do ano. E o resto do tempo é voso: reservámolo para celebracións de familia ou de amigos.

«O chef que vos recibe na primeira visita é o mesmo que está na cociña o día do evento.»
Respondémosvos persoalmente e, se queredes, ensinámosvos o espazo.