A carpa iluminada xunto á piscina de Finca Páramo ao solpor
Finca Páramo · Espazo para eventos

O lugar onde
todo comeza.

Unha casa de pedra rodeada de verde no corazón da comarca de Sarria, coa cociña de Cinza e Lume.

Consultar dispoñibilidade
A finca

Onde a natureza
e a elegancia atópanse.

No corazón da comarca de Sarria, rodeada de verde e bañada pola luz galega, Finca Páramo é o escenario para celebrar o que merece ser lembrado.

Amplos xardíns, zonas cubertas, piscina e recunchos cheos de encanto. Cada espazo combina tradición e presente co selo de Cinza e Lume.

Casa de pedra de Finca Páramo Xardín da finca
Celebracións

Cada ocasión, co seu propio ritmo.

Deseñamos cada evento como unha experiencia única: a ambientación, a cociña e o ritmo da celebración.

Cerimonia no xardín
01

Vodas íntimas

Cerimonia no xardín, cóctel ao aire libre e banquete xunto á casa.

Xardín con tipis para os nenos
02

Familia

Bautizos, comuñóns, aniversarios e cumpreanos cos vosos, sen présa.

Banquete baixo a carpa
03

Eventos privados

Encontros de amigos, empresas e celebracións a medida, de día ou de noite.

O alpendre de Finca Páramo preparado para un banquete
Finca Páramo

Celebracións con alma,
no corazón de Sarria.

Os espazos

Recunchos que contan historias.

O cóctel
O alpendre
A carpa
A noite
A cociña

A brasa de Cinza e Lume,
na vosa celebración.

Levamos a nosa cociña e a nosa forma de facer máis alá do restaurante. Menús pensados para cada celebración, con produto galego e un equipo de cociña e sala que se encarga de que todo flúa.

  • 01Menús a medida de cada evento
  • 02Illas en directo e mesas doces
  • 03Cociña e sala de principio a fin
Ostras Fran Vilela servindo nunha illa Aperitivos do cóctel Mesa de queixos e embutidos
Consúltanos

Contádenos que queredes celebrar.

Escribídenos coa data que tedes en mente e o número de convidados, e contámosvos dispoñibilidade e propostas.

Escribir por WhatsApp
Teléfono609 126 992
Correoinfo@cinzaelume.com
OndeComarca de Sarria · Lugo