
A gastronomía de Fran Vilela no pazo galego onde o tempo se detén.
Pedir unha visitaUn bosque centenario que cambia coas estacións. Un invernadoiro acristalado onde a luz do solpor entra ata tocar as mesas. Xardíns de muros de pedra, un patio xunto á fonte e un xardín onde o tempo, sinxelamente, se detén.


Cadeiras de bambú baixo as copas do bosque e un corredor de luz natural.

Xardíns, patio xunto á fonte e grilandas ao solpor.

O invernadoiro transfórmase: banquete, baile e barra libre ata a madrugada.

Produto fresco, razas autóctonas galegas e produtores de confianza.
Cada voda deséñase dende cero convosco: cóctel, illas, pratos e sobremesas.
O chef da primeira reunión está á fronte da cociña o día da voda.








Escolledes que entra en cada unha e nós cociñámolo.
Aperitivos fríos e quentes para a benvida.
Showcooking en directo: atlántica, arroces, queixos D.O., grella, xamón ao corte.
Do mar e da terra, segundo a duración do cóctel.
Sobremesas de autor e a torta xigante elaborada en directo.
Brancos, tintos e espumosos, con referencias premium opcionais.
Lambetadas, sorbete entre pratos ou estación de mini sobremesas.
Primeiras marcas e refrescos de cristal. Incluída no menú.
Cando a fame volve de madrugada. E a festa segue.

Son eu quen vos recibe na primeira visita, quen deseña convosco cada detalle e quen está á fronte da cociña o día da voda.