Restaurante Cinza e Lume

Catering Cinza e Lume

A arte de levar a nosa esencia
a calquera lugar.

En Cinza e Lume cremos que un catering non é só un servizo, senón unha forma de compartir a nosa filosofía alí onde se celebre.

Levamos a nosa cociña, a nosa estética e o noso equipo a calquera contorna, adaptándonos a cada evento co mesmo coidado, equilibrio e paixón que poñemos no noso restaurante.

Deseñamos propostas que combinan o sabor galego de tempada coa creatividade e o detalle que nos definen, para transformar cada celebración nunha experiencia con alma.

Ofrecemos catering en Galicia, adaptado a todo tipo de eventos, co selo de calidade de Cinza e Lume.

Tipos de eventos:

Mesa de catering ao aire libre, Cinza e Lume

Experiencias gastronómicas únicas, creadas a medida para cada ocasión.
Cinza e Lume

O teu evento, a nosa inspiración.

Os nosos servizos

Cada evento é distinto, e por iso adaptamos a nosa proposta a cada espazo, estilo e necesidade.

Deseñamos experiencias gastronómicas a medida, ideais para vodas, eventos corporativos ou celebracións privadas en Galicia.

Encargámonos de todo para que ti só teñas que gozar do momento.

Bandexa de aperitivos gourmet con base vexetal e presentación colorida, servizo de catering de Cinza e Lume.

Cócteles e aperitivos

Propostas personalizadas que abren cada celebración con sabor, elegancia e frescura.

Carpa decorada para banquete con mesas vestidas, vaixela elegante e centros florais, evento de catering por Cinza e Lume.

Banquetes completos

Menús deseñados a medida, combinando produto galego e creatividade contemporánea.

Mesa de estación gastronómica con variedade de pratos e decoración floral, montaxe de show cooking de Cinza e Lume.

Estacións temáticas

Rincones gastronómicos e showcookings que sorprenden pola súa posta en escena e sabor.

Mesa de sobremesas con doces artesáns, flores e decoración rústica en pedra, proposta de catering de Cinza e Lume.

Mesas doces e recenas

Mesas doces e propostas nocturnas pensadas para pechar a velada cun toque especial.

Barra de coctelería ao aire libre con mobiliario de madeira e logotipo de Cinza e Lume, servizo de bebidas para eventos.

Barras
de bebidas

Coctelería premium e servizo de bebidas adaptado ao estilo e ritmo de cada evento.

Zona infantil con tipi decorativo e xogos no exterior, espazo de recreo en eventos organizados por Cinza e Lume.

Entretenemento infantil

Coidamos cada detalle tamén para os máis pequenos, con espazos para que gocen.

Espazo decorado polo equipo de Cinza e Lume

Decoración e ambientación

Coidamos cada detalle: flores, menaxe, iluminación e estilo, creando atmosferas con alma.

Exterior de finca de pedra con montaxe de catering e mesas preparadas, equipo de Cinza e Lume coordinando evento ao aire libre.

Montaxe
e servizo

O noso equipo coordina toda a montaxe e a atención, garantindo un servizo impecable.

Mesas redondas vestidas con mantelería floral e copas de cristal, montaxe de evento elegante planificado por Cinza e Lume.

Asesoramento e planificación

Acompañámoste en cada paso para que o teu evento flúa con harmonía e reflicta a túa esencia.

Creamos experiencias gastronómicas a medida

Cóntanos a túa idea e deseñaremos unha proposta personalizada para o teu evento.

Creamos experiencias gastronómicas a medida

Cóntanos a túa idea e deseñaremos unha proposta personalizada para o teu evento.

Descubre as nosas propostas gastronómicas.

Nesta carta atoparás diferentes menús, estacións e estilos de servizo para todo tipo de celebracións.

Carta de eventos 2025

DESCARGAR DOSSIER

Os nosos traballos

Unha mostra dos eventos e montaxes onde a esencia Cinza e Lume estivo presente.

Queres saber máis sobre as nosas propostas gastronómicas?

Déixate inspirar polos diferentes espazos e servizos de Cinza e Lume.

Descubre como a gastronomía, a estética e a emoción se unen para crear experiencias inesquecibles.

Queres saber máis sobre as nosas propostas gastronómicas?

Déixate inspirar polos diferentes espazos e servizos de Cinza e Lume.