Restaurante Cinza e Lume

Sabores que se converten en recordos,
onde o tempo se detén e cada detalle cobra sentido.
Cinza e lume

Restaurante gastronómico Cinza e Lume

O sabor
tamén se sente.

En Cinza e Lume, cada comida é unha experiencia pensada para emocionar.

No centro de Sarria, Cinza e Lume é un restaurante gastronómico onde a cociña galega contemporánea exprésase a través da técnica, a estética e a emoción.
Cada prato é unha historia, cada detalle unha invitación a gozar con calma.

Os nosos menús combinan produto galego de tempada con creatividade contemporánea, respectando sempre a esencia da nosa terra.

Cada prato conta unha historia: a do mar, a montaña e as mans que o fan posible.

A nosa cociña

Tradición reinterpretada

A nosa cociña nace do respecto ao produto galego, a curiosidade pola técnica e a procura constante de beleza no cotián.

En Cinza e Lume, entendemos a gastronomía como unha forma de crear recordos. Traballamos con produtores locais, ingredientes de tempada e unha visión contemporánea que conecta tradición e vangarda.

Os menús degustación son a mellor forma de percorrer a nosa proposta: sabores, texturas e contrastes que espertan os sentidos.

Menús dispoñibles:

Podes agasallar esta experiencia a través dos nosos Bonos Regalo ou gozala no restaurante, no pleno centro de Sarria.

Restaurante elegante en Galicia – cociña de autor Cinza e Lume

A nosa carta

Creamos propostas que evolucionan coas estacións, deseñadas para sorprender e emocionar.

Descubre a nosa carta e déixate levar por unha experiencia que combina sabor, estética e harmonía.

Celebra connosco

En Cinza e Lume, a gastronomía tamén é unha forma de celebrar.

Cada evento é unha oportunidade para crear beleza, compartir emocións e gozar dunha experiencia sensorial que transcende a mesa. Se buscas un lugar onde cada detalle reflicta a nosa esencia —a harmonía entre o sabor, a estética e a emoción—, convidámoste a descubrir as nosas propostas para todo tipo de ocasións.

Desde vodas íntimas ata celebracións familiares ou encontros corporativos, deseñamos momentos únicos que combinan a elegancia da contorna, o coidado do servizo e unha cociña que fala por si mesma.

Os mellores agasallos gózanse

Sorprende cunha experiencia gastronómica única:
menú degustación de 5 ou 7 pasos, en formato bono regalo.Un detalle con alma, pensado para gozar, compartir e lembrar.

Cada prato é unha historia. Ven descubrir a túa.

Agasalla unha experiencia gastronómica con alma

Escolle entre os nosos menús degustación de 5 ou 7 pasos e sorprende cun detalle inesquecible