

Unha casa de pedra rodeada de verde no corazón da comarca de Sarria, coa cociña de Cinza e Lume.
Consultar dispoñibilidadeNo corazón da comarca de Sarria, rodeada de verde e bañada pola luz galega, Finca Páramo é o escenario para celebrar o que merece ser lembrado.
Amplos xardíns, zonas cubertas, piscina e recunchos cheos de encanto. Cada espazo combina tradición e presente co selo de Cinza e Lume.

Deseñamos cada evento como unha experiencia única: a ambientación, a cociña e o ritmo da celebración.

Cerimonia no xardín, cóctel ao aire libre e banquete xunto á casa.

Bautizos, comuñóns, aniversarios e cumpreanos cos vosos, sen présa.

Encontros de amigos, empresas e celebracións a medida, de día ou de noite.

Celebracións con alma,
no corazón de Sarria.

O cóctel
O alpendre
A carpa
A noiteLevamos a nosa cociña e a nosa forma de facer máis alá do restaurante. Menús pensados para cada celebración, con produto galego e un equipo de cociña e sala que se encarga de que todo flúa.


Escribídenos coa data que tedes en mente e o número de convidados, e contámosvos dispoñibilidade e propostas.
Escribir por WhatsApp